O que respondes é teu
A túa empresa convidoute a contar como é o teu traballo. A túa empresa só verá resultados de grupos de cinco ou máis persoas, nunca o que respondes ti.
En poucas palabras
- Son uns catro minutos e podes saltar calquera pregunta.
- Non che preguntamos o teu nome, o teu posto nin a túa idade.
- O teu responsable non sabe se respondiches nin que.
- Os representantes dos traballadores revisaron as preguntas e ven os mesmos resultados que a dirección.
- Nunha semana recibirás os resultados e as medidas que se acorden.
Por que merece a pena responder
O que contades entre todos chega á dirección sen filtros e sen que ninguén teña que dar a cara. Serve para decidir que cambiar na organización do traballo, e na seguinte medición comprébase se mellorou.
O teu espazo persoal
Ademais tes O meu espazo: pausas guiadas para respirar ou desconectar, son para concentrarte e un diario que se cifra no teu dispositivo, sen conta. Nin a túa empresa nin AIM poden lelo.
Proba agora unha pausa dun minuto (en castelán)
Ninguén da túa empresa recibe ningún aviso sobre ti.
Queres saber máis?
Le como participar con tranquilidade (en castelán): como comprobar ti mesmo o anonimato e que datos se tratan. O método de anonimato está publicado en linguaxe clara (en castelán). Se tes calquera dúbida sobre os teus datos, escríbenos a privacidad@aim-mindness.com.